Saturday 06 de July de 2024

O goberno solicita dotar de persoal médico o Centro de Saúde de Ribeira 


O Pleno ordinario de maio do 2024 aprobou a Modificación do Contrato de Xestión dos  servizos públicos de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Ribeira. 

Este contrato, adxudicado no ano 2010, viu modificacións relativas a novos investimentos  e instalacións. Segundo explicou Herminia Pouso, concelleira de Economía e Facenda,  a modificación “é unha necesidade técnica de actualización de xeito que o contrato dea  recollida a novos servizos que se puxeron en marcha”. Con esta modificación elimínanse  puntos de bombeos e incorpóranse as instalacións novas tales como os tanques de tormenta  ou bombeos das depuradoras de Corrubedo e Ribeira. 

Crédito extraordinario para o arranxo de deficiencias do aparcadoiro do Centenario 

O Pleno tamén aprobou, coa abstención do Partido Popular, un crédito extraordinario para  o arranxo do aparcadoiro do Centenario co remanente de tesourería para gastos xerais, cun  importe de 79.000 euros. 

“A empresa que resultou adxudicataria do servizo do párking no 2003 e entrou en concurso  de acreedores no 2010.” explicou o segundo tenente alcalde Suárez-Puerta. “Este goberno  comezou a levar a cabo as inspeccións pertinentes e vimos que as instalacións teñen un  estado de deterioro importante”. Pola súa parte, a concelleira de Comercio Veva Betanzos,  reiterou que a xestión privada foi “un erro que se demostrou ao longo do tempo” co despido  de traballadores e deixando de dar servizo as 24 horas. “Este goberno vai adxudicar o servizo  de conserxes, limpeza e mantemento para disfrutar dun aparcadoiro 24 horas coas tarifas  máis baixas de todo o Barbanza. 

Este trámite levouse a pleno, tras aprobarse hai tan só dous meses o informe que facía  incidencia na reparación de patoloxías do aparcadoiro cun importe de 892.000 euros. “É  urxente facer fronte a unhas primeiras deficiencias para garantir a seguridade e o correcto  funcionamento do aparcadoiro e mellorar a prestación do servizo que se fai á veciñanza.”  afirmou Herminia Pouso, quen explicou que “é necesario financialo co remanente de  tesourería ao estar cos orzamentos prorrogados”. 

O goberno solicita dotar de persoal médico o Centro de Saúde de Ribeira 

A Corporación Municipal aprobou unha proposición conxunta presentada polos grupos do  BNG, PBBI e PSOE sobre a necesidade de dotar de persoal médico suficiente ao Centro de  Saúde de Ribeira. 

“Ante a falta de profesionais médicos que vén padecendo durante anos, derivado da  deterioración das súas condicións laborais, de axendas interminables e xornadas infinitas,  padecemos un defecto crónico na Atención Primaria de Ribeira, tanto no caso do centro  urbano como nos centros sanitarios das parroquias, de modo que as citas veñen demorándose  progresivamente ata límites máis aló do aceptable.” explicou o concelleiro de Sanidade Juan  Luis Furones, quen destacou que “as contratacións estiveron conxeladas durante os anos de  goberno de Feijoo” e actualmente 6 de cada 10 centros non teñen pediatra. 

Veva Betanzos destacou as precarias situacións laborais ás que están sometidas as  profesionais da sanidade, sen que a Consellería de Sanidade xestionada polo PP esté facendo  nada ao respecto. “Cando estaba o PP no goberno xustificaban que non se posicionaban coa  veciñanza de Palmeira e Corrubedo porque non buscaba rendimiento político, agora que  están na oposición, van a defender á veciñanza de Ribeira?” 

Así, o Pleno da Corporación Municipal de Ribeira insta á Xunta a declarar o Centro e Saúde  de Ribeira como posto de difícil cobertura coa aplicación dos baremos de puntuación en  función do tempo traballado que iso reporta, a cubrir as prazas vacantes ata completar  persoal por medio de traslados, OPE ou contratos ata que se adecúen ao persoal necesario  para atender de maneira adecuada á poboación, a adecuar a xornada laboral e as axendas  médicas ás recomendacións das organizacións médicas, con tempo suficiente para a  atención aos pacientes de maneira adecuada ás súas necesidades e non a cubrir de números  baleiros de contido que presentar á prensa e propón estudar, no caso de ser necesario,  aplicar incentivos para a consecución do persoal necesario para o mantemento do Servizo  Asistencial.